Coidados xerais
As xoias deben gardarse en lugar pechado e sen humidade. Se usas un pano para protexelas, asegúrate de non solte pelo.
Madeira
As nosas madeiras teñen acabado en cera natural de abella e aceite de camelia. Para manter o seu brillo natural satinado, pódelas pulir cun pano suave que non solte pelo.
É posible que, co uso, sexa preciso poñer máis cera á túa peza. A cera aplícase cun pano suave ou cun pincel, con movementos circulares, e deixando secar por uns minutos antes de pulir para obter un acabado brillante. Contacta con nós se precisas axuda para o mantemento da túa xoia.
Prata
Os ganchos dos nosos brincos son de prata 925 con ou sen baño de ouro. A prata é un metal nobre pero pódese oxidar e escurecer coa humidade e o suor. Nese caso, pódelos limpar cun paniño especial para prata.
Aceiro e Latón
As arandelas que unen as pezas son de aceiro inoxidable, e só precisan de ser limpadas cun pano suave non abrasivo para que non se dane o lacado.
O latón ten certa tendencia a perder brillo coa oxidación e límpase tamén cun pano suave non abrasivo. O pulido ou uso de produtos abrillantadores pode danar e manchar a madeira circundante.