Xoiería tradicional
Feita en madeira, feita en Galicia
En Curruchela, deseñamos e elaboramos colgantes e pendentes de madeira inspirados na ourivería tradicional galega. As nosas pezas, coma o icónico Sapo galego, están feitas no noso obradoiro artesanal con madeiras nobres como o buxo e o ébano, que melloran co uso diario e adquiren unha beleza única e auténtica.
En Curruchela facemos os nosos deseños baseados en pezas da ourivería tradicional galega conservadas en lugares senlleiros coma o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra.
Nos nosos productos empregamos madeiras coma o buxo ou o ébano, madeiras que melloran co uso cotián. Cada un destes materiais outorga unha beleza única e un significado especial a cada peza.
Nutrimos e rematamos as pezas á man con productos naturais, coma aceite de camelia ou cera de abella. Son produtos sen contaminantes, óptimos para o contacto coa pel.
Usamos madeiras moi duras e resistentes, e calibramos os grosos das pezas, para que as nosas creacións sexan perdurables e se convirtan en obxectos prezados.
Tanto os nosos produtos coma os nosos procesos son sostibles e de orixen natural. As madeiras que empregamos proceden de provedores certificados.
Dende o noso pequeno obradoiro artesán en Santiago de Compostela deseñamos, facemos e distribuímos as nosas xoias de madeira.
Sobor de Nós
Curruchela é máis que unha marca: é unha forma de conectar coas nosas raíces, de recuperar a autenticidade e de celebrar quen somos a través da xoiería artesanal. Pezas nadas do corazón de Galicia, feitas por mans que entenden o valor do tempo, a memoria e a artesanía.
Encargos
Facemos a túa xoia personalizada
Dende Galicia, traballamos a madeira con mimo e tradición.
Cada peza está rematada á man, pensada para acompañarte e contar a túa historia.
Transformamos a túa idea nunha xoia única, auténtica e sostible.